Como xa sabedes o 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Tamén vos contamos xa que os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron conxuntamente un traballo sobre a cosmonauta rusa Valentina Tereshkova.
Onte, todos xuntos fomos colocar a nosa "presentación" sobre Tereshkova nun panel situado no corredor do cole.
Anabel, Alejandro, Candela e Leo leron a información sobre Valentina Tereshkova que recopilamos e escribimos entre todos.
... e aquí podedes ver o resultado final. A nosa Valentina Tereshkova compartindo protagonismo con outras interesantes mulleres como Anna Magdalena Bach, Lucretia Caroline Herschel, a Bela Otero e Malala. Pronto estarán tamén nese panel Marie Curie e Hipatia de Alexandría.
Aproveito esta entrada para colocar as fotos das últimas nenas robotizadas da Pementeira.
E aquí están máis "valentinas tereshkovas" rematadas.
E, por último, aquí está a contribución dos nenos e nenas de Educación Infantil para o periódico do cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario