UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 6 de marzo de 2015

VALENTINA TERESHKOVA

A piques xa de celebrar o Día da Muller Traballadora, en Infantil estivemos realizando un traballo conxunto entre as tres aulas sobre Valentina Tereshkova que formará parte dunha exposición colectiva no cole.
Tereshkova foi unha cosmonauta rusa que, curiosamente estaba hoxe de aniversario pois naceu o 6 de marzo de 1937.
En 1963, a bordo da nave Vostok 6, foi a primeira muller en viaxar ao espazo exterior. O seu nome en clave durante a misión espacial foi CHAIKA que significa gaivota.
Por suposto houbo moitas mulleres importantes ao longo da historia en todos os ámbitos da cultura (letras, artes, ciencias, investigación, política...) pero nós quixemos recordar a esta muller astronauta porque encaixa á perfección dentro do noso proxecto sobre o universo.
Os pementeir@s hoxe estiveron recordando á cosmonauta rusa coloreando un debuxo e cantando á vez a canción dos planetas.














Aproveito esta entrada para poñer as fotos dos últimos encargados que pasaron lista robotizados.



















4 comentarios:

  1. Que ben traballan estes pementeiros e pementeiras! Como se van vendo os avances! Seguide así!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Pili! Seguro que os pementeir@s estarán contentos cando lles diga que se nota nos seus traballos que están medrando. A min alégrame que deixedes comentarios tan positivos no blog!

      Eliminar
  2. Encántanme as vosas Valentinas!! son moi coloridas!! moi ben chicos e chicas!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A min tamén me parece que lles quedaron divertidas. É un pequeno homenaxe a esta muller cosmonauta e a todas as mulleres que teñen ganas e valentía para facer cousas interesantes. A ver se nos sae unha Tereshkova de Infantil do Rosalía!

      Eliminar