Estes pementeiros/as non paran de cumplir 5 anos. Debe haber un virus. O caso é que estamos a celebrar moitos aniversarios na aula. E hoxe tocoulle a Roi que xa levaba tempo "anunciando" o importante evento. ¡Moito lles gusta facerlle maiores! Porque ter 5 anos xa implica ser os maiores de Infantil e, despois, ¡voando a Primaria!
Roi apagou as cinco candeas dunha soa vez con seguridade e contundencia, eso sí, despois de comprobar el mesmo que estaban postas as 5 (non fora ser que eu me despistara e lle puxera catro, como viña sendo habitual ata o de agora).
Felicidades Roi!!! esas galletas tiñan moi boa pinta...normal que non quedaran nen as migas!
ResponderEliminar