UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 10 de marzo de 2015

¡O MURAL DO TEITO XA ESTÁ INSTALADO!

Hoxe martes, foi un día cheo de actividade na Pementeira. Ademáis das tarefas cotiás, houbo algunha sorpresiña como por exemplo o feito de que dous operarios, Manolo e a profe María, colocaron o noso mural do cometa e as estrelas fugaces no teito do corredor de infantil. Mentres nós traballábamos na aula, pola tarde, observamos polo cristal que hai na parte superior da porta que  a profe María e Manolo estaban ben ocupados instalando o mural. ¡Fíxonos moita graza velos! E eles tamén se sorprenderon cando se decataron de que eu lles estaba sacando fotos.





Hoxe a encargada foi Mariña que estaba feliz de poder "robotizarse". Onte foi Yago, que tamén estaba encantado de convertirse en Saturno 6.








 A continuación podedes ver os traballos sobre Valentina Tereshkova que remataron onte algúns/as pementeiros/as.






 E hoxe tamén estreamos un novo puzle moi bonito e un pouquiño diferente aos demáis que temos na aula. ¡Mirade qué chulo é!




¡Encántame ver esas caras cando consiguen, traballando en equipo, superar un novo reto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario