O vindeiro día 20 de marzo poderemos contemplar en Galicia unha eclipse parcial de sol. Os nenos e nenas de Educación Infantil estamos elaborando conxuntamente unha noticia sobre este feito que formará parte dun periódico (no que participa todo o cole para celebrar a semana da prensa).
Hoxe, na Pementeira, estivemos explicando que é unha eclipse e tratando de "reproducilo" cos medios cos que contamos, é dicir, unha linterna e uns planetiñas de polispán que temos no noso recuncho espacial.
Iker foi o encargado de soster á Terra, Noa encargouse da Lúa e Candela fixo o papel do Sol. Cando a Lúa na súa viaxe arredor da Terra se interpón entre os raios solares e a Terra provoca unha zoa de sombra no Planeta Azul.
Se a Lúa non está colocada entre a Terra e o Sol, entón a luz dá directamente no noso planeta como é o habitual calqueira día do ano.
A continuación Mencía explicounos, coas súas palabras, que é iso dunha eclipse de Sol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario