Chegou o luns e empezamos a segunda semana de febreiro cun novo Willy Fog. Hoxe foi o turno de Daniel que estaba feliz co seu cargo de axudante da profe. Despois de facer o panel moi ben, os compañeiros/as quixeron felicitalo cun forte aplauso.
Tras finalizar o panel, lemos un bonito conto sobre o cadro "O matrimonio Arnolfini" de Jan van Eyck. O libro titulado "Jan estivo alí" conta a historia dun neno, o fillo de Van Eyck, que acompañou ao seu pai cando visitou a elegante casa do señor Arnolfini para pintar o momento da súa voda. O fermosísimo cadro representa dita celebración.
A continuación rematamos unha tarefa que xa empezáramos a semana pasada, colocando papel celofán de cor azul, verde e vermello nuns círculos que os pementeiros/as picaran co punzón previamente. Quedou moi ben e a todos lles gustou moito porque podían mirar a través do papel, como se foran unhas gafas, e vían todo diferente coas cores do celofán.
E para rematar o día pintamos un pouquiño na nosa nova obra de arte. O venres comezamos a pintar outra flor das de Georgia O´Keeffe, "Cala amarela". A obra orixinal é esta:
E aquí están as fotos dos pementeiros e pementeiras traballando.
E, por último, para rematar esta entrada, teño que poñer a última aportación que chegou para o recuncho do proxecto. Alejandro Vázquez Rodríguez trouxo unhas fotografías das Pirámides de Giza e a Gran Esfinxe. Estaba tan contento que xa casi non era capaz de explicar o que traía, con tanta emoción.
Estes pementeiros son uns artistas
ResponderEliminarPois sí! É o mellor é que non me costa traballo ningún que participen nestas tarefas. Saen eles voluntariamente. É estupendo que teñan ganas de facer estas cousas! Grazas Yoli por visitar o blog e deixar o teu comentario.
EliminarQUE BONITAS FLORES ESTÁN PINTANDO OS PEMENTEIROS!!!!
ResponderEliminarGrazas profe María! Entre todos os nenos e nenas de infantil imos deixar un corredor ben artístico!
EliminarO corredor vai a quedar ben bonito e alegre cheo de cores😊
ResponderEliminarUn museo en toda regla vai ser ese corredor. De novo un gustazo ver todo o q fan e q ben o fan!
ResponderEliminarPreciosa esa Cala !!!!
ResponderEliminarEstes pementeir@s son uns artistas.
Hoxe lemos na aula os vosos comentarios e todos os pementeiros/as quedaron superorgullosos,iso de que as mamás poñan que son uns artistas e que dá gusto velos traballar é o mellor premio que poden recibir así que, unha vez máis, grazas por visitar o blog e por ser tan positivos cara as actividades do cole!
ResponderEliminarA verdade e que estamos super orgullosos destes pimenteiros que ata corrixe a sua nai cando lle lee o nome dos artistas jaja son tremendos
ResponderEliminarBueno, iso sí que me encanta que mo digas porque quere dicir que me escoitan máis do que eu penso. É que lles dixen os nomes dalgúns artistas e estiven explicando que nós, aquí, ás veces, os decimos dun xeito e no seu país pronúncianos doutro xeito distinto, porque falan outro idioma, concretamente faleilles de van Gogh e Vermeer e conteilles que a min me ensinaron, alí en Holanda, como se pronuncian correctamente, jajajaja, nós intentamos pronuncialos así aínda que a verdade o holandés é un idioma complicadillo!
EliminarHome hugo está emocionadisimo con mondrian soña con disfrazarse de pintor cando o año pasado chorou por disfrazarse e este ano non lle da chegado o día estamos todos alucinando de tantas obras de arte que coñece xa, así da gusto
ResponderEliminarHome hugo está emocionadisimo con mondrian soña con disfrazarse de pintor cando o año pasado chorou por disfrazarse e este ano non lle da chegado o día estamos todos alucinando de tantas obras de arte que coñece xa, así da gusto
ResponderEliminarSí que é verdade, encantoulle Mondrián!!! Hugo ás veces parece que non me escoita, estase remexendo no seu sitio e parece que non lle interesa o que estou comentando do proxecto e. de repente, fago unha pregunta dun pintor ou algo así e vai e responde correctamente, jajajaja. Hoxe acordouse rapidamente do nome da pintora Maruja Mallo. Feliciteino e quedou todo orgulloso.Eu estou feliz (co que me gusta a min todo isto da arte!). Alégrome moito de que teñan ganas de disfrazarse. Estou desexando velos!!!!!
Eliminar