UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 5 de febrero de 2015

¡NOVA MISIÓN DE PHILAE!

Por fin, hoxe xoves, o noso robot Philae realizou a súa segunda misión exploratoria organizada pola AEP (Axencia Espacial Pementeira) dentro do PEIR (Programa Espacial de Infantil do Rosalía). Nesta ocasión tratábase de explorar o territorio do Paseo do Espolón onde sabíamos que vivían uns pequenos individuos moi alegres e traballadores.

1. O primeiro paso foi comprobar que Philae funcionaba correctamente e que a colocación da mensaxe era segura.
2.-Todos os  expertos en tecnoloxía espacial da AEP preparáronse para realizar a delicada misión de exploración do Paseo do Espolón. Tíñamos que ir en completo silencio (algo que na AEP costa bastante traballo, pódovos afirmar con coñecemento de causa) para abordar este territorio inexplorado e coller aos "espolonenses" desprevenidos e así comprobar como se comportan no seu hábitat natural.
3.- A chegada ao Paseo do Espolón foi todo un éxito. Philae entrou no territorio descoñecido sen problemas e, nesta ocasión, a mensaxe non se perdeu. Collemos aos "espolonenses" por sorpresa pero non se asustaron, antes ben, recibiron a Philae con alegría. Dá gusto chegar a un lugar cargado de tan boas vibracións.















Nesta misión tamén tivemos un pequeno inconvinte xa que Philae parece que quedaba sen batería (parece que isto é bastante habitual neste artiluxios) e despois de percorrer uns poucos metros quedaba parado e había que volver a activalo. Aínda así pensamos que a exploración foi todo un éxito.



4.- A comandante María foi a encargada de ler a mensaxe que transportaba Philae que comunicaba que os pementeiros víñamos en son de paz e que a misión do noso robot espacial era unicamente explorar un novo territorio. Finalmente todos os espolonenses quixeron inmortalizar este momento histórico sacando unha foto de grupo con Philae.




E agora, a ver que novos territorios temos que explorar...

2 comentarios:

  1. Gracias aos amigos da Axencia Espacial Pementeira (AEP) por vir a explorar o noso mundo, deixarnos coñecer ao robot Philae e permitirnos participar na súa aventura espacial. Encantounos a visita.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a vós por recibirnos tan ben! Aos técnicos espaciais da AEP encántalles ir de expedición e coñecer novos territorios. Sobre todo se os habitantes doutros planetas rosalianos son pacíficos e amistosos jajajaja.

      Eliminar