Rematadas as vacacións do Entroido e despois de disfrutar duns días cheos de festa e disfraces, voltamos ás aulas e seguimos facendo cousiñas na Pementeira.
O xoves Alejandro Vázquez Seco chegou moi contento porque tivo a sorte de viaxar a Londres e tiña moitas cousas que contarnos. Para non esquecerse de nada trouxo unhas preciosas fotos nas que se ve a Alejandro co Big Ben, The Tower Bridge, unha estatua de Nelson Mandela, unha maqueta do Parthenon e ata unhas pinturas de Vincent van Gogh ("Os xirasois" e "Cadeira de Vincent", ambas obras atópanse na National Gallery). Contounos que en Londres facía moito, moito frío pero que disfrutaron un montón.
Grazas a estas fotos, aproveitamos para falar de moitas cousas na clase e recordamos información sobre Londres. ¡Que sorte temos cando os compis comparten as súas viaxes connosco!
E despois de viaxar, adicamos un pouco de tempo a experimentar coa cor. Xa que estamos aprendendo tantas cousas de arte e interesante comprender un pouquiño como podemos "xogar" coas cores e descubrir as relacións que existen entre elas.
Fai uns días plantexamos un experimento coa cor vermella e a amarela... Colocamos tres vasos con auga. Nun deles diluímos pintura vermella e noutro pintura amarela. Despois empregamos uns cachos de papel enroscados (coma uns "churros") a modo de "tuberías" comunicando os vasos coas cores co do centro (no que deixamos só auga limpa)
Unha vez rematado este proceso de preparación, tocou esperar a ver se sucedía algo no vaso do centro. Os pementeiros/as tiñan tantas ganas de que pasara algo que cada dous minutos algún dicía "¡está ocurrindo, algo, está ocurrindo algo!" (sen ter moi claro o que estaba ocurrindo)
Tivemos que esperar ata o día seguinte, pero claro que sucedeu algo...
Por se a alguén non lle quedou moi claro este experimento, Marcos presentouse voluntario sen dubidar nin un segundo para explicárvolo...
E o venres decidimos repetir o experimento, pero nesta ocasión cambiamos unha das cores... ¿Que pasará? Pois non temos máis remedio que esperar ata o luns.
Q caladiño o tiña. Faloume da viaxe de Alejandro e das fotos q trouxo. Acordavase dos xirasois de Van gogh porque "xa lle dixen a Teté q os meus irmans tamen OS pintaron"Ja ja. Pero o da grabación non dixo nin papa. A idea dos vasos é fantástica e xa OS vexo a todos con cara de asombro. Noraboa de novo por sorprendelos e sorprendernos cada día.
ResponderEliminar