¡Sara García entrou xa no clube dos 4 anos! hoxe, na Pementeira, celebramos todos xuntos o seu aniversario. Chegou cargadiña cun montón de cousas para os seus compis (a profe tamén tivo sorte porque recibiu un agasallo delicioso, así que moitas grazas á familia de Sara).
Como facemos sempre, o primeiro é apagar as candeas e cantar xuntos a canción de cumpleanos feliz. E despois a comer, que é algo que parece que lles encanta a estes pementeiros/as (mirade as caras de voracidade que teñen!).
Despois de dar boa conta do biscoito e as galletas, Sara quixo repartir a cada un dos seus compañeiros/as unhas chuches (que todos gardaron nas súas mochilas).
Parabéns Sara García!!!🎉🎊🎉🎊🎂
ResponderEliminarParabéns Sara, Noa tamén dixo que estaba boísimo e coas chuches estaba encantada!!
ResponderEliminar