Seguimos practicando a escritura do nome propio. Hai moitos pementeiros/as que xa o fan moi, moi ben e outros están collendo soltura, afianzando o trazo e memorizando as grafías. Pouco a pouco vai saíndo mellor e con menos esforzo.
escribiendo los nombres - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Tamén seguimos traballando outras cousas como as figuras xeométricas por exemplo e aproveitamos para escoitar música e facer as actividades con tranquilidade e nun ambiente relaxado e agradable. Non sempre o conseguimos pero moitas veces sí, e entón a aula é un lugar cheo de boas vibracións, de feito algúns ata se arrancan a mover o esquelete ; pero tampouco é tan raro ter ganas de bailar e moverse cando a música nos anima, non?
Temos libros novos na nosa biblioteca de aula. Hoxe estivemos lendo "Un monstruo muy especial" e pasámolo xenial. A historia de tres mpnstruíños chamados ESPANTOSO, HORROROSO e SORPRESITA encantounos e valeunos para reflexionar sobre o feito de ser diferentes. Sorpresita era moi distinta dos seus irmáns e eles non querían xogar con ela, pero finalmente descubriron que ela era especial e que tiña habilidades propias e aprenderon a valorala e querela. Os pementeiros/as ata lle deron un forte aplauso a este conto.
Nesta semana fixemos moitas máis cousas pero xa vos iremos contando.
A verdade e q escriben requeteben todos e é un gusto velos coas tarefas do dia
ResponderEliminar