Outro pementeiro que se fai maior: Óscar xa ten 4 anos e quixo compartir con todos os seus compis (e as profes) unha merendola ben completa. Trouxo un gran biscoito, unha caixa de galletas, chuches e bombóns para as profes.
Por suposto antes de nada, o protagonista do día tivo que apagar as candeas (e fíxoo con moito interese e concentración absoluta) e, despois, todos os seus amigos/as lle cantaron a canción de "Cumpleanos feliz" e xa empezamos a comer. Estaba todo boísimo!!!! Os pementeiros/as estaban hoxe preocupados pola miña alimentación e insistían en que tomara un cachiño do biscoito, cousa que fixen, claro, e disfrutei porque estaba delicioso. O que pasa é que tiven que apurar porque aínda non acabara de meter un bocado, cando xa estaban pedindo todos unha segunda ronda e xa tiven que poñerme a repartir biscoito de novo. ¡Grazas Yolanda, por traelo xa todo cortadiño porque, así, foi todo moito máis rápido!
Estamos intentando acostumbrarnos a comer todos xuntos, así que hay que ter paciencia e ata que todos os compañeiros teñan o seu cacho de biscoito ninguén pode empezar a comer. É a única maneira de que poidamos facer un reparto máis ou menos equitativo (porque doutro xeito cando eu acababa de entregar o último cacho de biscoito, os primeiros xa pedían o segundo e se o pastel non era moi grande... pois xa non chegaba para os demáis. Agora comemos xuntos e eu aproveito para facer cachiños máis pequenos no biscoito que sobrou, de maneira que todos os que queiran repetir poidan facelo).
Despois de dar boa conta do biscoito e as galletas, Óscar ofreceulle un bombón ás profes e repartiu as chuches aos compañeiros/as (que estaban superfelices, claro).
Que gusta da ver o contentos que estaban todos , Oscar estaba moi nervioso co dia de hoxe ,pero o mellor e que chegou super contento do cole , gracias
ResponderEliminarPois eu encantada de que el disfrutara porque era o seu día! E a maior parte do traballo facédelo vós traendo as cousas ao cole para que o compartan cos compis e as profes! así que grazas a ti por facilitarme o traballo, foi sinxelo porque nin tiven que partir o biscoito, jajajaja! Gustoulles moito a todos e aínda tomaron algunhas galletas!!!!
EliminarPARABÉNS OSCAR!!!!🎉🎊🎉🎊🎉🎊🎉🎂
ResponderEliminar