¡Que sorte temos! Con este soliño que quere adiantar a chegada da primavera, podemos saír ao patio para tomar as merendas. Así non pasamos tanto tempo sentados na aula, movémonos máis e podemos respirar aire puro. Hoxe colocámonos á sombra da árbore que temos no patio para degustar tranquilamente as merendas e despois de recoller todo e facer pis xa iniciamos o período de lecer, o recreo, antes de que saíran os nenos de Primaria.
Antes de regresar á aula, tivemos tempo de botarlle unha pouquiña auga aos bulbos que plantamos o venres. ¡Estamos desexando que medren un pouquiño xa!.
Na aula estivemos pintando con acuarelas un folio de maneira completamente libre, mesturando cores ao gusto de cada un e empregando aquelas que máis lle apetecía a cada pementeiro/a. Pero ese folio ten un segredo escondido que vai dar unha sorpresiña. Hoxe vouvos mostrar como quedaron eses "cadros abstractos" e mañán xa vos mostrarei o resultado final.
Onte estivemos xogando ás estatuas na aula de psico e bailando o Hoky-Poky (que aínda temos que perfeccionar moito).
E, para rematar esta entrada, aquí vos deixo a historia que estamos a ler na aula ultimamente. É un libro divertidísmo que está causando furor entre os pementeiros/as e que trouxo para o recuncho do proxecto a nosa compañeira Sara García. Varias mamás me preguntaron sobre este libro porque hai nenos e nenas que falan del na casa e,mesmo, o queren mercar. Por iso volo mostro aquí. E aproveito para agradecerlle esta aportación a Sara García e a súa familia porque, a verdade, é que lle estou sacando moito partido e estamos disfrutando moitísimo coas cartas, as contraseñas e as viaxes polo mundo do pequeno dragón voraz Coco.
A Valeria encantoulle merendar no patio. So que quedou coa pena de non regar os bulbos.
ResponderEliminarSi estes pementeiros pasanno xenial merendando no patio , Oscar queria chegar super rapido para non perderse a merendola estaba todo preocupado,pero chegamos a tempo e quedou super contento
ResponderEliminarA verdade e que estamos un pouco intrigados co libro. Pero a min o q me sorprendeu hoxe foron eses "cuadros" abstractos "maxicos". Que será que será...
ResponderEliminarEncantalles merendar no patio!!!
ResponderEliminar