Hoxe tivemos un día emocionante xa que fixemos a primeira saída ao teatro. Os pementeiros/as estaban emocionados sobre todo porque tiñamos que ir no autobús (e preguntáronme non sei cantas veces "¿profe, ti tamén ves con nos no autobús?" porque, claro, iso non é o habitual).
Antes de marchar, recordamos algunhas cousiñas sobre como ir na fila, no bus, e como comportarnos no teatro. Tamén tivemos tempo de ir todos ao baño para non ter problemas despois e unha vez aclarado todo o importante... ¡listos para saír!
E unha vez situados nas nosas butacas, ¡ a disfrutar do espectáculo!
E, finalmente, tocou volver ao cole para tomar a merenda e xogar e correr un pouco polo patio. Como a temperatura era moi agradable, fixemos o primeiro picnic do curso e todos quedaron encantados de poder merendar no patio co noso mantel de vacas.
¡Un día estupendo!
!!Que contento veu por merendar no patio¡¡¡,jeje
ResponderEliminarQue caras de alegría levaban todos tiñan moitas ganas e disfrutaron como tiña qie ser, da gusto velos asi de contentos
ResponderEliminarEsperemos que teñamos máis oportunidades de ir ao teatro ou concertos ou a museos (eu que sei! hai tantas cousas que ver!) e, por suposto, moitas ocasións de merendar no patio, disfrutando do aire libre e o bo tempo!!!!!
ResponderEliminarMarcos esta pedindome por favor que o deixe escribir pero non atina co dedo así que escribo eu por el: "moi orgulloso do teatro ponlle no blogue" ja ja
ResponderEliminarA verdade e q foi toda unha experiencia. Como cada cousa nova q fan, que se emocionan un montón. Espero q esa emoción e ganas de ver cousas novas dure.
Enzo chegou super contento!!! E como el seguro que o resto de compis porque se lles ve nas caras de alegria, por certo lle gustou un montón a obra e contounola na casa😄. Merendar o aire libre, seguro que todo ten moito mais sabor, unha idea xenial
ResponderEliminar