UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 2 de mayo de 2016

O LIBRO DA SELVA

O mércores 20 de abril, os nenos e nenas de infantil tiveron unha mañán estupenda xa que fixeron unha viaxe "selvática". Cheos de emoción subiron ao bus para percorrer varios kilómetros ata Santiago de Compostela e disfrutar dunha fantástica obra de teatro co colexio "La Salle". A obra titulada "O libro da selva", escrita por Rudyard Kipling (galardonado co Nobel de Literatura en 1907), conta a historia de Mowgli, Baloo, Bagheera e outros animais que habitan unha selva india. Non é África pero, polo menos, unha selva india algo terá en común cunha selva africana.
Cando eu estaba en 6º de E.X.B. (o que agora sería Primaria), unha profe chegou un día á clase cun poema de Kipling. Lémolo e conversamos sobre él e deixou unha pegada en min que aínda permanece. Nunca esquecerei a esa mestra que me achegou a unhas palabras tan fermosas como as que escribiu Kipling no seu poema "If" ("Si") que moitos coñecemos como "Serás home".
Agora e sempre, os máis pequenos poden achegarse ás obras de Kipling co "Libro da selva" e con representacións teatrais cheas de viveza, ritmo e emoción como a que disfrutamos nós.
Aquí vos deixo unha presentación en movie-maker coas fotos do día e uns vídeos da obra teatral.
E, por se queredes ter as fotos (para copialas ou algo) aquí volas deixo tamén.









 























































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario