O pasado venres 29 de abril, o centro desenvolveu unha actividade encamiñada a que o alumnado comprendese o concepto de troco. Para iso o equipo de actividades extraescolares organizou un mercado de troco no que, todos os que previamente trouxeran algún obxecto, poderían experimentar iso de facer un intercambio. Na Pementeira estivemos reflexionando sobre esa maneira de conseguir cousas diferentes pero sen empregar cartos como se facía en sociedades antigas nas que a xente intercambiaba productos dos que tiña excedentes por outros que non podía producir. Resultou un pouco complicado que o entenderan pero tratamos de pensar qué poderíamos intercambiar cada un de nós se quixeramos obter outra cousa e puxemos varios exemplos.
Pola tarde, todos os que trouxeran algo para trocar recibiron uns vales que lles permitiría conseguir algo no "mercado". Non todos quedaron moi satisfeitos co que lles tocou (xa que en infantil os que tiñan vales, sacaban un número dunha caixiña que lles indicaba o que lles tocara) e, como consecuencia, empezou o verdadeiro troco xa que algúns decidiron cambiar uns obxectos por outros que lles parecían máis interesantes.
E, para rematar a tarde, unha nova sesión de ioga na que practicamos novas posicións.
1.- O bailarín (variación)
2.-O can boca abaixo.
3.- A cegoña.
Para rematar, batidora e un pouco de relaxación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario