Aquí estamos xa. ¡Por fin chegou o día monstruoso e terrorífico no que celebramos xuntos o Samaín! Teño que decir que me encantou ver aos pementeiros/as tan ben disfrazados, tan alegres, tan dispostos a facer teatro, a poñer caras de susto, a cantar e bailar... ¡Grazas familias pola vosa implicación e colaboración!
Así que agora toca disfrutar un pouco coas fotos desta xornada...
Algúns/as ata se animaron a mostrar a súa cara nun primeiro plano aterrador. Neste grupo penso que hai grandes actores. ¿Non pensades o mesmo?
A comida que trouxeron os pementeiros/as deixounos a todos coa boca aberta (polo vistosa e apetitosa que parecía e polas ganas de comela). Preparamos todo nunhas mesas na aula de psico e despois de cantar e bailar un pouco xa fomos disfrutar dun festín terrorífico.
Tras o banquete, había que mover un pouco eses corpos (algúns pementeiros pensei que ían estoupar de tanto como comeron) porque, despois, aínda había que probar as castañas. Así que saímos ao patio a xogar un pouco.
E para comer as castañas saímos cos nosos arañacestos. A verdade é que as castañas non tiveron tabto éxito como a merendola de infantil. moitos nenos/as non quixeron comelas (algún nin as probou).
E xa por último, os pementeiros/as particparon nos distintos xogos organizados no patio cuberto.
E, para rematar, déixovos aquí unha montaxe en movie-maker cos mellores momentos da nosa xornada de Samaín Monstruoso no cole. ¡Foi un día xenial!
Moitas Grazas Teté !!!
ResponderEliminarDouche as grazas por todo o traballo que fas (que é moito) fora do teu horario para que nós poidamos ver o ben que o pasan os nosos fillos no colexio.
Menudos nenos máis terroríficos hai en infantil.
Un millón de grazas. Bicos.
Para min é moi gratificante ver a vosa resposta, Rosana. As profes pasámolo moi ben vendo como entraron todos os nenos e nenas de infantil tan ben disfrazados, con ganas de representar novos papeis, jajajaja, felices e con ganas de facer festa xuntos. A min encántame que podades ver un pouquiño do que pasa dentro das aulas e do cole porque hai moitos momentos xeniais, cheos de emocións e de aprendizaxes diversas... Así que o feito de que visitedes o blog e disfrutedes vendo unha parte do que facemos e vivimos aquí, xa é un premio! Ser mestra é moito máis ue estar cinco horas nunha aula, desde o meu punto de vista e a vosa colaboración, comprensión, respecto e valoración facilita moito o noso traballo. Polo tanto, grazas a vos!
Eliminar¡Pasámolo moi, moi ben! Eu estou gratamente sorprendida pola participación das familias e dos nenos e nenas que estiveron moi divertidos, disfrutando, bailando, xogando e dando medo, jajajaja.Viñan espectaculares e iso é grazas aos papás e mamás que vos animástedes a preparalos e maquillalos tan requetebén!
ResponderEliminarQue ben o pasaron! E que placer poder ver todo! Por certo, todo me gustou moito, pero a montaxe é fantástica! Noraboa
ResponderEliminar