UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 8 de marzo de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Hoxe no cole adicamos o día a falar das mulleres, da súa importancia na sociedade e na familia, a recordar a moitas mulleres importantes que ao longo da historia deixaron unha pegada importante neste mundo, e a reflexionar sobre a importancia da igualdade de dereitos e oportunidades. Todo isto coa música de fondo de Miriam Makeba. Recordamos a deportistas como a recoñecida futbolista Vero Boquete (Marcos trouxo información sobre ela), a raíña exipcia Cleopatra, a pintora Frida Khalo, a científica Marie Curie (e a súa filla Irene -da que nos falou Dani- que tamén obtivo o Nobel de Química como antes fixera súa nai), a cantante María Callas, a escritora Rosalía de Castro, as dúas premios Nobel da Paz Wangari Maathai e Malala...
     Despois de falar de tantas mulleres recoñecidas, pregunteilles aos pementeiros/as se eles coñecían a algunha muller que fose importante porque traballa moito, ou é moi intelixente ou porque estudiou moito ... e curiosamente ningún coñecía a ningunha. Insistí no feito de que non me refería a mulleres famosas senón a mulleres que eles/as coñezan e que estudiaran moito e traballen moito, pero nin así ... Cando lles preguntei se coñecían algún home que estudiara moito e traballe moito, case todos/as me contestaron que seu pai. Practicamente todos/as me dixeron o traballo do seu pai pero contei cos dedos dunha man os que me dixeron cal era o traballo da súa nai. Así que lles pedín que este fin de semana o adicaran a falar coas súas mamás para que lle expliquen en que traballan. Parádevos a pensar por qué saben que traballo fai papá pero non saben cal fai mamá. Axudádeos a comprender que tanto os homes como as mulleres traballan, que non importa onde nin o tipo de tarefa que fan, pero que todos e todas contribuímos a que esta sociedade avance. Isto é importante que o vaian reflexionando desde pequenos. Na aula insisto moito na liberdade de elixir a nosa profesión, homes e mulleres, e na importancia do esforzo e da formación pero é fundamental que na casa lles axudedes a ver e valorar o traballo que están facendo as mulleres sexa cal sexa. Sin darnos conta seguimos transmitindo que a muller non traballa (nin fóra nin na casa) seguramente inconscientemente pero é así.
    Así que para facerlle unha homenaxe ás mamás, que seguro que traballan tanto como os papás, hoxe entregámoslles un diploma a cada unha delas por ser o seu día, e os pementeiros/as fixeron un debuxo.



















Ver las imágenes de origen

     E aproveito esta entrada para agradecerlle a Icía que nos trouxera unha tarta de queixo deliciosa para compartir no primeiro día de cole despois das celebracións do entroido. Ao principio parecía que os compañeiros/as non se querían animar a probala pero, finalmente, algúns comeron varios cachiños e recoñeceron que estaba boísima. ¡Grazas Icía! (e grazas tamén ao seu papá que sei que lle axudou a facela).

     

2 comentarios:

  1. A verdade é que, aínda que os roles sociales evolucionaron, por suposto, síguense transmitindo certos estereotipos de xeito inconsciente nas familias e penso que moito máis conscientemente nos medios de comunicación. Así que temos que seguir mostrando no día a día a importancia da igualdade pero con feitos, co noso exemplo, con respecto, e con paciencia tamén, supoño.

    ResponderEliminar