Hoxe disfrutamos en Santiago dunha obra de teatro en inglés titulada "The Snow Queen". Como xa sabedes por experiencias anteriores, o simple feito de ir todos xuntos no autobús xa é toda unha aventura alucinante. Os pementeiros/as siguen estando moi inquedos e faladores e aínda que, durante a representación estiveron atentos e máis ou menos silenciosos, o resto do tempo é difícil que controlen os berros. Pero en fin, imos ao importante, aquí vos deixo as imaxes do día para que vexades que disfrutaron moito e que lles encanta saír do cole todos xuntos e asistir a todo tipo de eventos culturais e sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario