Por fin un día requetefantástico na Pementeira. Un venres entretido e, para rematalo de xeito divertido, aquí vos deixo unha entrada un tanto peculiar que avanza desde un reto ata unha sesión de ioga pasando por un vídeo de Michael Jackson. ¿Que vos parece?
¡Adiante! Mirade cantas cousas suceden nunha aula (e hai outras que non vos vou contar nesta ocasión, así que atentos a próximas entradas)
Primeiro comentamos todos xuntos as respostas da última investigación que fixeron os pementeiros sobre os leopardos. A cousa comezou porque no corredor de infantil apareceu un leopardo subido nunha árbore que nos miraba con ollos golosos. ¡Non sei se tería fame e querería comer a algún neno ou nena de infantil! Mirade, mirade...
¡Adiante! Mirade cantas cousas suceden nunha aula (e hai outras que non vos vou contar nesta ocasión, así que atentos a próximas entradas)
Primeiro comentamos todos xuntos as respostas da última investigación que fixeron os pementeiros sobre os leopardos. A cousa comezou porque no corredor de infantil apareceu un leopardo subido nunha árbore que nos miraba con ollos golosos. ¡Non sei se tería fame e querería comer a algún neno ou nena de infantil! Mirade, mirade...
Pois ben, como temos este novo habitante no cole, decidimos aprender cousas sobre él. E estes son os traballos que trouxeron os pementeir@s.
Mirade neste vídeo como corre un leopardo. ¡É impresionante!
Aínda recibimos cousas para o noso recuncho de África. As últimas aportacións foron éstas:
-Leo trouxo un libro de xogos africanos, un awalé (un xogo africano que recibe diferentes nomes: wari, manqala, oware ...) e que fixo el mesmo con pasta de sal, e o seu nome escrito en xeroglíficos.
-Sara trouxo a Timón e Pumba.
-Nora trouxo un interesantísimo libro de historia que trae moitísima información sobre Exipto.
-Mariña trouxo unha revista de viaxes con moita fotografía de África e cun masai na portada.
-Noa trouxo un divertido libro para traballar a observación, a atención e a concentración que se titula "Busca en Exipto".
-Antía trouxo un peluche de Simba.
-Ana fixo un bonito debuxo cuns nenos africanos.
-E Anxo e Leo trouxeron as súas máscaras do disfrace de entroido para decorar a nosa aula.
E outra cousa que me resultou moi divertida foi que Nora me contou que a súa nai lle ensinou un vídeo de Michael Jackson no que aparecía Nefertiti, e o marido de Nefertiti quería pegarlle ao cantante.
Recoñezo que eu, auténtica admiradora de Michael Jackson, non recordaba ese vídeo para nada. Pero, picoume a curisosidade e ao chegar á casa busqueino e... efectivamente parece que o famoso Michael fixo unha viaxe polo Antigo Exipto.
¡Encantoume recordar esta canción e volver a ver este vídeo tan exipcio! Aquí volo deixo por se vos apetece bailar ao ritmo do xenial artista.
É xenial comprobar o presente que está África nas nosas vidas, e aprender tanto co proxecto pero tamén disfrutar con cousas como esta. De feito, con esta anécdota aproveitamos para falar de Nefertiti, recordar que o seu marido era o faraón Akenatón, e que Tutankhamon era fillo de Akenatón e outra esposa. Aos pementeiros resultoulles moi divertido saber que noutras épocas, e noutras culturas ou relixións, os homes poden ter máis dunha esposa.
E, para rematar esta entrada tan longa, quero contarvos que, ¡por fin!, hoxe tivemos a oportunidade de facer ioga de novo. Aprendemos dúas novas posicións:
1.- Xeonllos no peito
2.- O saltón
3.- Recordamos a postura da árbore.
Espero que os demais pementeiros disfrutasen tanto como Nora vendo ese vídeo de Michael Jackson, esta xenial!!! Espero que poidan disfrutar de algunha canción mais deste increible artista jajajaja...
ResponderEliminarGrazas Pili, eu son fan de Michael Jackson e non me acordaba para nada do vídeo. Cando o empecei a ver funme dando conta de que o vira pero só me acordaba de pequenos detalles. Encantoume recordalo. Non dubides que prepararei algún ritmo para acompañar algunha das súas cancións. Unha vez máis, grazas por visitarnos, por deixar o teu comentario e por aportarnos ideas para traballar na aula.É xenial que nas familias comprendades tan ben que o traballo por proxectos nos permite achegarnos a contidos moi diversos e que na Pementeira disfrutamos moito con estas cousas.
Eliminar