Hoxe foi un día moi completo na Pementeira. Empezamos o día dun xeito moi artístico lendo unha bonita historia sobre o pintor Pablo Picasso.
Fai xa tempo, faláramos de como as máscaras africanas influíron en moitos artistas europeos. Un destes coñecidos artistas que deixou mostras nas súas pinturas da influencia da arte africana foi Pablo Ruíz Picasso. Concretamente comprobamos que no seu cadro "As señoritas de Avignon", as caras de dúas das mulleres parecen auténticas máscaras.
Por iso hoxe, empregando este conto, decidimos aprender algunhas cousas máis sobre Picasso. Descubrimos que pintou moitos cadros azuis e moitos rosas e, por iso, cando se estuda a súa obra se fala dunha "época azul" e unha "época rosa".
E, despois, tamén empezou a investigar noutro tipo de estilos e empezou a facer cadros cubistas.
Tras aprender tantas cousas sobre Picasso, chegou o momento de facer o que el facía: ¡pintar!
E logo de pintar e aprender cousiñas sobre arte, levamos unha sorpresa porque chegou a profe Anita a entregar uns premios. ¡Que alegría! Na Pementeira estaba unha das gañadoras do concurso de debuxo "Rosalía en África". ¡Mirade!
Pero, xunto coa alegría de Inés por gañar este premio, está a alegría de todos os participantes que tamén recibiron un pequeno agasallo en recoñecemento ó seu interese por aportar o seu traballo a esta actividade do centro.
¡Parabéns para Inés, Mateo, sara, Nora, Samuel, Candela, Mariña, Ana e Noa!
Parabéns a tod@s @s participantes no concurso de Rosalía viaxa a África!!! encantáronme todos os vosos debuxos. E moitas felicidades tamén para Inés (vaia cara de alegría que amosa nas fotos,.. e non é para menos!!)
ResponderEliminarPor certo, estades a facerlle a competencia a un dos grandes coas vosas imitacións pictóricas!! así me gusta