¡Que semanas tan intensas levamos! Moitos cumples, moitas experiencias diferentes, arte, música, teatro, retos, ioga, ensaios para o Día do Libro... ¡Puff! ¡Non paramos! Pero, aínda que algunhas veces coste centrarse nas actividades, ao final resulta que estamos disfrutando moito con todas estas cousas. O esforzo que poñemos en algo tamén fai que valoremos máis o resultado.
Imos empezar esta entrada cun novo reto que tiveron que resolver os pementeiros. Había que ter memoria de elefante para recordar esta palabra e, despois, investigar na casa.
- ¿Que é o HARMATTAN?
Pois houbo moitos pementeiros e pementeiras que recordaron a palabra, que era bastante difícil, e trouxeron a resposta correcta. ¡Mirade, mirade!
Con Tinta e Garabato, tamén descubrimos a un pintor, chamado Dalí, que plasmou uns reloxios derretidos nun cadro chamado "A persistencia da memoria" e a outro, chamado Monet, que pintou "Nenúfares". Ana, Anxo, Noa, Inés e Mariña trouxeron estas respostas.
E rematamos a semana cunha sesión de ioga na que practicamos dúas posicións novas. Unha delas moi difícil pero, aínda así, algúns dos pementeiros/as conseguiron facela requetebén.
1.- O Bailarín.-
2.- O cisne.-
Para rematar, un pouco de batidora para mover todos os músculos e liberalos de tensións, e un pouco de relax para regresar tranquilos ás nosas casas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario