UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 8 de abril de 2016

COCO E DÁTILES

Fai uns días, tivemos na Pementeira unha xornada moi africana xa que tivemos a oportunidade de saborear dúas cousas que se comen frecuentemente en África, pero que aquí non son tan habituais.
 O primeiro que probamos foi o que vedes nesta botella. ¿Sabedes o que é? Os pementeiros/as non o sabían, así que empezamos empregando o olfacto para tratar e adiviñar o que era.


 Despois de ulir, como ninguén adiviñou o que era, chegou o momento  de empregar outro sentido, o do gusto. O trato era probar, saborear ben, e non dicir nada de nada. Os que pensaran que sabían o que estaban comendo tiñan que levantar a man e, cando todos xa remataran  a cata, podían ir dando a súa resposta.





Como vedes moitos levantaron a man pero só houbo unha resposta correcta: a de Inés, que adiviñou que se trataba de COCO. 
En Costa de Marfil, de onde acaba de chegar esta botella , é moi habitual rallar e tostar o coco e tomalo para picar.






Ao principio había certas reticencias a probar o coco pero, despois, todo o mundo se animou.






E cando preguntei quen quería máis, esta foi a resposta.




O segundo alimento típico de África que tivemos a oportunidade de probar no cole foi este:
Seguro que moitos de vos coñecedes e probástedes os dátiles. Os pementeiros/as non os coñecían. Ao principio tamén mostraron certos reparos pero foron probando e moitos quixeron repetir. Algúns diciían que lles sabían a mel e pode ser que haxa certo parecido probablemente pola cantidade de azucre que teñen.





Agora teremos que aprender algo máis sobre o coco e os dátiles.
                               



E agora as últimas cousas que chegaron para o noso recuncho africano: Ana trouxo un libro sobre Exipto e Nora un libro máxico, que nos chamou moito a atención a todos, e un suricato ou suricata de peluche.


2 comentarios:

  1. 😂😂lo que me costó que lo probara...
    Me encanta ver como descubren cosas nuevas o las recuerdan.

    ResponderEliminar
  2. 😂😂lo que me costó que lo probara...
    Me encanta ver como descubren cosas nuevas o las recuerdan.

    ResponderEliminar