Os pementeiros/as enfrentáronse a un reto complicado. O outro día lemos unha poesía sobre África e atopamos unha palabra descoñecida: GRIOT. Ninguén da aula sabía o que era co cal o novo reto estaba servido. Habería que investigar que era iso chamado griot.
No primeiro intento non houbo respostas correctas, xa que os nenos e nenas non memorizaron ben esa palabra tan complexa para eles e que antes non escoitaran nunca e, claro, non había maneira de saber o que había que investigar.
Aproveito para aclarar que non pasa nada por non superar un reto á primeira, sempre podemos volver intentalo (como de feito fixemos) e así tamén aprendemos que hai cousas que costan un pouquño máis de traballo (pero consecuentemente nos fan sentir máis satisfeitos cando as superamos), que hai que escoitar ben as pistas e a información que nos dá a profe na aula (e esforzar a memoria) e que cando, en vez de facer nós mesmos unha tarefa, lle preguntamos aos demáis ou copiamos o que outros fixeron pode ocurrir que estemos copiando algo que non é correcto. Papás e mamás, os retos non son para vos, son para os pementeiros e pementeiras. É con eles cos que quero traballar a atención, a memoria, a paciencia, a escoita activa, a curiosidade e as habilidades de investigación, A vosa tarefa é moi importante: proporcionarlles medios e estratexias de investigación, axudalos a extraer a información importante e a anotala, e valorarlle o seu esforzo. Recordar o reto e plantexalo na casa é cousa deles.
Dito isto, que espero que entendades, seguimos adiante. Na segunda oportunidade xa houbo acertos, varios pementeiros chegaron á meta e averiguaron que significa a palabra GRIOT.
Aquí tedes as respostas:
E, como vedes, estes exploradores do coñecemento teñen algo que os fai especiais; UNHA MEMORIA DE ELEFANTE.
Como esta é unha palabra moi interesante, decidimos facer unha actividade impresa para reforzar a súa aprendizaxe.
Despois de traballar, tivemos temo de ver o blog para comprobar o ben que quedou a nosa presentación de instrumentos musicais.
👏👏Bravooo,felicidades a todos....
ResponderEliminarEn casa estamos aprendiendo un montón de cosas de África.
Felicidades Pementeir@s
👏👏Bravooo,felicidades a todos....
ResponderEliminarEn casa estamos aprendiendo un montón de cosas de África.
Felicidades Pementeir@s