UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 13 de abril de 2016

DESCUBRINDO O COLLAGE

Na Pementeira estamos explorando novas formas de expresión e descubrimos que é un COLLAGE antes de saber que algúns artistas empregaban esta técnica plástica para expresarse.
Na primeira sesión, os nenos e nenas encontraron un montón de papeis de cores e estampados diferentes sobre os que estivemos conversando.
Todos elixiron os papeis que máis lles gustaban e os que menos (que case sempre resultaban ser os de cores escuras) e cando lles preguntei como se sentían observando eses papeis , tocándoos  e facendo plans sobre como empregalos, as respostas foron todas positivas e algunhas mesmo sorprendentes:
- Eu síntome fantástica.
-Emocionado.
-Feliz.
-Eu síntome alegre.
-Eu síntome psicodélico.
Cando lles preguntei que lles gustaría facer cos papeis contestaron:
-Un puzzle.
-Sumas, recortando os números.
-Un arcoiris, debuxando cun lápiz e recortando así (facendo coas máns a forma dun semicírculo).
-Flores, unha bolboreta e formas.
Despois de tanta reflexión, empezou o traballo. Pensamos que outros materiais necesitaríamos e ¡todo listo para empezar a crear!




















Organizamos equipos de traballo e os pementeiros e pementeiras tiveron que decidir cal sería o tema da súa creación, como o elaborarían e que tería que facer cada un. O proceso tivo certas dificultades, algunha que outra discusión, momentos de indecisión, algúns compañeiros que non participaban no traballo do equipo... Pero pouco a pouco, como vedes nas fotografías as ideas foron xurdindo e, finalmente, cada grupo presentou a súa obra plástica co seu título correspondente.

"A  SABANA  AFRICANA"

"CAMPO  DE  FLORES"

"SORPRESA  AFRICANA"

" ARCOIRIS"

"EXIPTO"
Cando as obras estiveron rematadas, comentamos entre todos esta fotografía:
PROFE: ¿Que vedes na imaxe?
NENOS/AS: Un home nunha silla de rodas, recortando    papeis.
PROFE: ¿Por que pensades que está facendo iso?
NENOS/AS: Porque está aburrido e quere facer algo            divertido.
                Para facer cousas como as de onte (en referencia ao que eles fixeron cos papeis de cores).
                 Para adornar.
                 Porque é un artista.
PROFE: Se é un artista, ¿como lle poderíamos chamar a este artista?, ¿é un pintor?, ¿un escultor?...
NENOS/AS: Non, porque non pinta.
                 Non fai esculturas.
PROFE: Entón, ¿que clase de artista é?
NENOS:O señor que fai arte con papeis.
PROFE: E, ¿cómo lle poderíamos chamar a un señor que fai arte con papeis?, se pinta é un pintor, se esculpe é un escultor, se baila é un bailarín... Este home é un... Imos inventar palabras para denominar a un artista que recorta papeis de cores.
NENOS/AS: Papelero.
                  Recortapapeles.
                  Papeleta.
                  Recortador.
                  Recortafiguras.
                  Recortapapeldecolores.
                  Papelista.    
                  Tijerero.
                  Tijerador.

Como vedes, creamos moitas palabras para denominar a este artista. Ao principio costou bastante soltar ideas (soe ser así, neste grupo que ten medo a non dar a resposta correcta, pero insistín unha e outra vez en que valía calqueira resposta porque estabamos creando novas palabras, imaxinando como nos gustaría que se chamara alguén que facía arte con recortes de papel).
Finalmente, expliqueilles que este home se chamaba MATISSE e que, cando se fixo maior e se puso enfermo, deixou de pintar e empezou a facer "pinturas" con recortes de papeis de cores, unha técnica artística denominada COLLAGE.
Quedaron ben contentos e orgullosos os pementeiros/as cando comprobaron que eles, igual que o xenial Matisse, tamén fixeran un collage. Por certo, a palabra tamén lles gustou moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario