Hoxe, de novo, celebración de aniversario na Pementeira. Outra compañeira, Candela, xa é toda unha moza de 6 anos e trouxo as súas galletas para celebrar unha xornada especial con todos os seus amigos e amigas.
Estaba moi feliz e puxo moito interese en apagar as candeas. Agora que o penso, ¡que curioso!, tivo que apagar seis cousiñas que se chaman coma ela porque candea é o mesmo que candela.
Aquí vedes todo o esforzo que fixo...
E como Candela tivo que soplar e soplar como o Lobo Feroz do cono dos Tres Porquiños, pois había que repoñer forzas e comer as suculentas galletas. E os compis non esqueceron cantarlle o "Cumpleanos feliz".
Candela tamén quixo compartir coas outras profes uns bombóns deliciosos que degustaron alegremente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario