UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 2 de abril de 2016

PRESENTACIÓN INSTRUMENTOS AFRICANOS: EDICIÓN ESPECIAL GLOG

  ¡Por fin está rematada a nosa presentación completa de instrumentos africanos! Aquí vos deixo, para todas as familias que teñades ganas de disfrutar coa música e o ritmo do continente africano, unha presentación en forma de glog na que participaron de xeito activo os pementeiros e pementeiras. Animádevos a percorrer este taboleiro multimedia. Nel aparecen os instrumentos que temos na aula cos seus nomes e, tamén, varios vídeos nos que podemos comprobar o ben que soan en mans expertas. Por suposto, na parte inferior, inclúese a presentación en vídeo que fixeron os nenos e as nenas e a súa actuación final.

     E, por se alguén quere descargar o vídeo dos/as pementeiros/as, aquí volo deixo fóra do glog.

¡Un traballo estupendo e moi divertido! ¡Viva a música e viva África!

2 comentarios:

  1. Que vídeo mais chulo!!! Que ben esas presentacións, non me canso de velo, genial chic@s!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Con esas exposicións tan claras e ese arte ocando os instrumentos non hai quen se resista a aprender cousas novas e a disfrutar da música! Grazas Pili por visitarnos e deixar o teu comentario. Aos pementeiros vaille encantar!

      Eliminar