UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 20 de abril de 2016

¡XOÁN CURIEL EN DIRECTO!

¡Que sorte temos en infantil! As profes e os peques sempre temos algunha que outra sorpresa agradable que nos permite vivir experiencias únicas, emocionantes, enriquecedoras, estimulantes e ben gratificantes.
Nesta ocasión,o venres 15 de abril pola tarde, disfrutamos (con auténtica entrega e cheos de enerxía) un concerto exclusivo do xenial Xoán Curiel que nos fixo cantar, bailar, tocar, rir e, como non, aplaudir con todas as nosas forzas.¡Un espectáculo musical fantástico! ¡Que ben o pasamos!
¿Queredes ver algunhas fotos e vídeos? ¡Pois veña! ¡Preparádevos para comprobar como se disfruta en infantil!
Antes de recibir ao artista, estivemos vendo algúns dos seus video-clips na PDI e ¡ata descubrimos a unha rapaciña coñecida que se defende moi ben neste mundo da música! A ver se vós sabedes quen é.


Ás tres e media, chegou o gran momento. Situámonos na biblioteca e ¡a cantar!






























A continuación podedes ver máis vídeos superdivertidos que me proporcionou a profe Ana.





Tamén, desde este blog, quero agradecerlle á pementeira Nora que nos puxera en contacto co seu tío. É unha sorte que as familias se animen a participar na vida dos centros escolares. Ania, a tía de Nora, xa estivo connosco o curso pasado para ensinarmos como se fai ioga, pero de verdade, porque ela sí que sabe, xa que é profe de ioga. E agora, de novo, facilitounos esta posibilidade de ter música en vivo na nosa biblioteca. ¡Mil grazas a Nora, aos seus papás, a Ania e a Xoán por todo!


E hoxe pola tarde, que fixemos un traballo moi sinxeliño (despois dunha mañán teatral) aproveitamos para relaxarnos cunhas cancións cheas de calma, tenrura e emocións. ¿Sabedes den quen son? Claro, o noso novo cantante favorito: Xoán Curiel
E como el nos fixo moitos agasallos (xa que ademáis de regalarnos un auténtico concerto en vivo, tamén nos deixou o seu libro-disco "Estamos no verán" para escoitalo e lelo no cole, e o seu último CD titulado "Ecuacións"), nós decidimos facerlle un cartel de agradecemento.













3 comentarios:

  1. Grazas a vós Teté!!!
    un pracer disfrutar cos pementeiros e pementeiras sempre!!
    e cómo che decía Xoán,...fans da túa labor cos pekes...son moi afortunadas e afortunados do traballo que fas con eles!!
    bicos
    Ania

    ResponderEliminar
  2. Grazas Teté por ser unha profe que dinamizas tanto!! Eu, que percorro moitos coles e teño visto moitas aulas, quedei fascinado o outro día ao entrar na vosa aula para despedirnos.. Foi como entrar en África!!! A educación tiña que se como a plantexades na vosa clase, un descubrimento, unha aventura... Parabéns polo bo traballo e polo amor que pos nel!!!
    Xoán

    ResponderEliminar
  3. Ania e Xoán, foi un pracer coñecervos aos dous e contar coa vosa colaboración. En infantil estamos superagradecidas e esperamos que todas as familias valoren estes agasallos que lles facedes aos nenos de maneira desinteresada. Non sei que podo dicirvos porque, encima de que sodes vos os que propoñedes e facilitades estas experiencias, aínda dades as grazas e tedes palabras así de amables.Encántame a xente que disfruta co seu traballo, que se entrega e fai o que lle pide o seu corazón e a súa mente, que é xenerosa... E así sodes vós.O mérito é todo voso. Eu procurarei non perdervos de vista pola conta que me trae!!!!! Unha aperta forte e xa volo dixeron os nenos."¡Sodes os mellores". Grazas por axudarnos ás profes de infantil a facer do cole un lugar divertido, rico en experiencias e cheo de sorpresas.

    ResponderEliminar