UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 5 de abril de 2016

EXPOSICIÓN DE FOTOS DE ÁFRICA

    No cole Rosalía temos a sorte de disfrutar dunha fermosa exposición de fotografías de África, que nos veñen moi ben para repasar cousiñas que imos aprendendo na aula, que lemos nos libros e vemos en documentais ou que investigamos cos retos, por exemplo.
       Os nenos e nenas, e a profe, da aula "A Pementeira" fomos visitar a exposición que se ubica nos corredores do centro escolar. Para non perdernos seguimos unhas frechas vermellas que había no chan.














 
A medida que íamos percorrendo a exposición, tamén íamos coñecendo algunhas historias que estaban detrás desas imaxes e, a partir desas historias, animámonos a poñerlle título a algunhas fotografías do mesmo xeito que o están a facer os nenos e nenas do centro que forman parte do clube de prensa. Despois de decidir os títulos que nos parecían máis axeitados,  escribímolos na aula nunhas tarxetiñas "africanas".





Hoxe pola mañá fomos colocar os títulos nas fotografías correspondentes e rematamos de ver a parte da exposición que non nos dera tempo a semana pasada. Hoxe parecía que había máis ideas e xurdiron bastantes títulos que agora teremos que escribir e vir colocar.













 Agora temos que poñernos a escribir máis títulos para colocar noutras fotografías porque saíron cousas interesantes. Xa vos iremos contando.
Remato poñendo as fotos das últimas aportacións para o recuncho africano, que áinda van chegando.
Anxo trouxo unha reportaxe sobre a caza furtiva de elefantes e explicounos que hai un home que se adica a salvalos e protexelos e ata ten unha guardería de bebés elefantes.

E Anxo e Inés tamén trouxeron información sobre as últimas investigacións en relación coa cámara secreta da tumba de Tutankhamon.

Inés trouxo un miniconto dun león, Mariña un interesante libro sobre Tutankhamon, Noa unha revista na que sae información sobre Exipto e Sara unhas ilustracións dos Himba, un tribu africana que vive en Namibia.




Como vedes, nunca deixamos de investigar e aprender cousas novas.

        

2 comentarios:

  1. Boas, aquí estou de novo. Ainda que non escriba todos os días, sigo estando ahí, "na sombra", ja,ja,ja. Que fantástico! Un cole convertido en museo! Supoño que a todos lle chamarán moito a atención fotos nas que aparecen persoas vestidas de xeito distinto ó noso, facendo couses que nós non adoitamos facer, paisaxes distintas as de Galicia... Espero que aprendan moito con elas..... Todo o colexio debería pararse un intre a botarlle unha ollada.
    Por certo, creo que coñezo a un tuareg que aparece nunha desas fotos, vexoo moi a miudo. Ja ja ja.
    Biquiños a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí señora, o tuareg penso que che mira ata cando durmes!Os pementeiros observaron as fotos con bastante atención e gústalles escoitar algunhas anécdotas que eu lle podo contar de cando as fixemos. Ogallá aprendan, cando menos, a abrir os ollos con curiosidade e moito respecto ante un mundo tan diferente ao noso. Grazas por visitarnos e deixar o teu comentario!

      Eliminar