Hoxe tivemos unha pequena celebración na "Pementeira". ¿Qué imaxinades? Claro, non hai dúbida, ¡outro aniversario! Samuel foi o protagonista do día porque xa ten 6 anos. ¡Non paramos! Cada día un novo pementeiro ou pementeira ingresa no selecto grupo dos 6 anos.
Coma sempre repetimos rutinas: apagado de 6 candeas (nesta ocasión en 3 soplidos)e despois obanquete cumpleañeiro que consistiu nunha deliciosa rosca e un biscoito moi rico.
Aquí tedes a sesión fotográfica da xornada festiva.
¡Non hai dúbida, vendo o sorriso de Samuel, que estaba ben feliz celebrando o seu cumple!
E, como vedes, todo o mundo ben concentrado na comilona e dando o seu visto bo ao bizcoito e a rosca que trouxo Samuel.
Pero... A estas horas e ainda publicando?!?!?!
ResponderEliminarIso si é ter amor o traballo!! Que sorte teñen os nenos do Rosalia de teren unhas profes tan traballadoras !!!
Bicos!!!
Jajajaja! Grazas Mela, tí que nos miras con bos ollos. O tempo pasa voando e, ás veces, pasa isto. Un bico fortísimo e mil grazas por seguir aínda visitando de vez en cando o noso blog!
Eliminar