UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 4 de abril de 2016

¡OUTRA MÁIS! SARA XA TEN 6 ANOS

¡Máis festa! Isto é imparable. Os pementeiros e pementeiras van a toda velocidade cara os 6 anos. Hoxe celebramos o aniversario da nosa compañeira Sara que estaba contentísima de compartir esta importante data cos amiguetes do cole.
O primeiro, como sempre, foi apagar as 6 candeas (que xa están a piques de esgotarse, algunha xa é unha minicandea). Agora unha das ocupacións dos pementeiros/as é contar os soplidos que dá cada un, xa sabedes, trátase de medir a precisión e efectividade do apagado. No caso de Sara foron 3 soplidos. Non estivo mal, verdade?


 

 As galletas, como xa vos imaxinades, estaban tan ricas que non quedou nin unha migalla. Eu non sei se os pementeiros/as almorzan ultimamente porque veñen con tanta fame de galletas que non duran nin 5 minutos na mesa.
















Antes de rematar a xornada, Sara foi entregarlle ás outras mestras de infantil uns bombóns e, casualmente, na aula do "Paseo do Espolón" estaba Manolo o conserxe e, tamén, lle quixo dar un dos chocolates. ¡Mirade qué guapos quedaron todos!






No hay comentarios:

Publicar un comentario