UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 1 de abril de 2016

¡INÉS TAMÉN TEN 6 ANOS!

Outra pementeira que entrou no clube dos 6 anos. Inés celebrou hoxe o seu aniversario e, moi contenta, quixo compartir cos seus compañeiros unhas galletas. Levamos tres días de festa continua. E o luns aínda temos outra celebración. Por aquí está todo o mundo encantado, de festa en festa e tiro porque me toca.
Inés, cunha seguridade e precisión dignas de admiración, apagou as 6 candeas á primeira, e mirade que cara de satisfacción lle quedou.


 A continuación, os pementeiros deron boa conta da caixa de galletas e non deixaron nadiña.




















E pola tarde, antes de marchar para as nosas casas, Inés quixo compartir coas outras mestras uns bombóns. ¡Grazas Inés!


Non me negaredes que a cariña de Inés é toda unha mostra indiscutible do contenta que estaba hoxe. ¡Parabéns Inés por esa alegría que é realmente contaxiosa!




No hay comentarios:

Publicar un comentario