Como sabedes, o 2 de abril celébrase o Día do Libro. No cole quixemos participar nun acto para deixar constancia do importantes que son os libros e o moito que nos fan disfrutar.
Os nenos e nenas da Pementeira tiñan que contarlle un conto aos alumnos/as de 4º B. O conto elexido foi "A sorpresa de Nandi". Varios pementeiros ofrecéronse voluntarios a ler: Leo, Alonso, Leire, Nora, Mencía, Mariña, Anxo e Sara. A mala pata foi que xusto o luns, dous dos lectores non viñeron ao cole e os outros tiveron que ler as páxinas que lles correspondían a eles. Non houbo problema porque agora xa temos moitos expertos lectores na aula e non tiveron ningún medo.
Despois de rematar o noso conto, foron os nenos e nenas de 4º B os encargados de ler a súa historia aos pementeiros/as que escoitaron con moita atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario