Fai uns días descubrimos o que é un collage e coñecemos a un importante artista que empregaba esta técnica para crear as súas obras: MATISSE.
Para coñecer mellor como era o seu proceso de traballo, seleccionei dous dos seus collages para que os pementeiros e pementeiras crearan a súa prpia composición. Para iso elaborei con papeis de cores as "pezas" que compoñen "O caracol" e "A gavela".
Mirade, aquí vos deixo as imaxes dos dous collages, e os recortes que eu elaborei. Pero cóntovos un segredo, os nenos/as non viran o caracol e a gavela previamente.
Antes de comezar, mesturei as pezas dos dous collages e fixen dous conxuntos de recortes que metín en sendos sobres. Os pementeiros/as tamén formaron dous grupos e elixiron a un encargado para abrir os sobres e comprobar o que había dentro. Os envcargados foron sacando os cachiños de papeis de cores e colocándoos sobre unha superficie branca para observalos e empezar a traballar con eles.
Despois dun tempo de observación e reflexión, entre todos chegamos á conclusión de que había dous tipos de pezas: unhas xeométricas e outras con formas orgánicas. En xeral, case todos insistían en que as pezas que tñan formas onduladas e curvas parecían algas. Insisto en que lels aínda non viran as obras orixinais. Decidimos reorganizar os recortes e poñer nun grupo todos os xeométricos e noutro os de formas orgánicas. Así fixemos un traballo de clasificación partindo do criterio da semellanza das formas.
Entón comezou o traballo máis creativo. En equipo, o cal costa un pouquiño, tratábase de facer unha composición e poñer un título. O primeiro equipo elaborou a obra titulada "Arcoiris"
O segundo equipo realizou unha composición titulada "Mar con peixes".
Tras o traballo creativo fixemos un pouco de crítica de arte, sempre constructiva claro. Preguntei a cada grupo que opinaba da obra do grupo contrario. Sobre o "Arcoiris" dixeron, por exemplo:
-A min paréceme mal porque non se parece moito a un arcoiris e está un pouco desordenada.
-A min paréceme fantástica.
Sobre a "Mar con peixes" dixeron:
-A min gústame porque ten moitas cores.
-A min paréceme mal porque os peixes non poden nadar tan arriba.
Para explorar as dificultades ás que se tiveron que enfrentarse cada un dos equipos, e aprender a poñerse no lugar dos outros, decidimos intercambiar os equipos e os materiais.
Con ese cambio, descubrimos que non é tan fácil ser creativo xa que, de entrada, empezaron a repetir case exactamente a composición anterior, aínda que algúns comentaban que non lles gustara moito. Despois de axudalos a ver que estaban imitando o traballo dos compañeiros, reorganizaron un pouco as súas obras e elaboraron "A casa" e "A balea".
A continuación tocou descubrir os auténticos collages de Matise que estaban na aula ocultas baixo unha cartulina negra. Pero a través dunhas pequenas ventaniñas contemplamos uns cachiños e xogamos averiguar que había detrás. Ao abrir as ventás, os pementeiros/as dixeron:
-Son papeis de cores.
-Son os recortes que nos destes o outro día.
A partir da observación, imaxinamos o que pode haber detrás da cartulina, recoñecemos cousas xa vistas anteriormente.
Profe:- ¿Que supoñedes que haberá detrás desa cartulina?, ¿que será o que está representado aí detrás?
Nenos: - Montóns de formas de papeis de cores.
Quitamos a cartulina e empezamos a imaxinar que podería ser aquelo. A primeira sorpresa foi que unha nena "recoñeceu" a obra que fixera o seu grupo titulada "Arcoiris". Logo propuxéronse máis hipóteses:
Nenos/as: -Un remuíño. -Unha cara. -Un carrusel visto desde arriba. -A barandilla da praia da Concha. -Teitos de edificios.
-Unha habitación cos xoguetes desordenados.
A partir destas percepcións tan diferentes, puxemos títulos distintos a esa obra plástica: "O remuníño", "A cidade de cores", e ata "A sabana africana".
Xurdiron bastantes ideas interesantes que demostran que as percepcións dunha obra de arte poden ser moi diversas e totalmente personais.
Entón expliqueilles que o que Matisse quixo representar no collage era un caracol. E iso chamoulles a atención porque non vían con moita claridade o caracol. Así chegamos á conclusión de que era a representación non era realista.
Pensando como se sentiría o caracol, dixeron:
-Un pouco triste. Home! non sabe nin onde ten as antenas nin os ollos nin nada.
-Un pouco triste. Home! non sabe nin onde ten as antenas nin os ollos nin nada.
Repetimos o proceso co outro collage. Abrimos as ventás e os nenos/as dixeron o que lles parecía ver a través delas:
-Algas. -Unha pradeira. -Un arrecife de coral. -Flores. - A sabana.
- Mans de cores. -Palmeiras. -Follas
Cando descubrimos a obra, non cambiaron moito as percepcións iniciais:
-Unha palmeira. -A copa dunha árbore. -Un xardín. -Algas. -Un arbusto.
Co título do collage aprendemos unha nova palabra: gavela (ou gavilla en castelán).
Cos dous collages, reflexionando sobre cal nos gustaba máis ou menos e por qué razón. En xeral gustou máis "A gavela" e explicárono así:
-A min gustoume porque ten oitas cores e faime sentir alegre.
-A min gústame porque ten as follas moi ben colocadas.
Falando sobre como se sentiría o caracol e cara onde querería ir, e tamén pensando en que obra de arte nos gustaría entrar a nos, descubrimos unha posible relación entre as dúas obras xa que o caracol podería vivir no medio da gavela.
Case xa como remate desta sesión na que o obxectivo fundamental era exercitar o pensamento (imaxinar, elaborar hipóteses, clasificar, dar razóns...) escoitamos dúas fermosas pezas musicais de Chopin: "Tristesse" e "Vals de primavera". O xogo neta ocasión consistía en adxudicarlle a cada collage unha das dúas composicións musicais.
En xeral, a maioría dos pementeiros decidiron que "Tristesse" era axeitada para "O caracol" e "Vals de primavera" para "A gavela"
Se queredes ver como foron xurdindo todas estas cousas, aquí tedes dous vídeos nos que se recollen varios momentos da actividade "Pensando con Matisse". Son un pouco longos, seino, pero parecíame interesante que vírades como, ás veces, costa sacar ideas das nosas cabeciñas, como o feito de pensar é algo que debemos exercitar desde pequeniños, como intentamos desde o cole traballar algunhas habilidades de pensamento como o razonamento, a investigación, a imaxinación, a creatividade, o pensamento crítico, a asociación de ideas e linguaxes diferentes...
Como remate final, lemos unha fermosa historia titulada "As tesoiras de Matisse" que nos gustou porque recoñecemos cousas que xa viramos e permitiunos aprender un pouquiño máis sobre o autor.
Soy Leo Y me gustan estos vídeos me gusta ir al cole y los cuadros de Enrique Eduardo matisse pero mi pintor artista favorito es víncent van goj.me gusta la música clásica y tocar el piano,mi canción favorita es la marcha turca de mozart.un beso Teté
ResponderEliminarEhhhh! Leo! Gracias por dejar tu comentario en el blog. Me alegra un montón que lo visitéis y que os animéis a escribir vuestros propios mensajes. Mi pintor favorito también es Van Gogh y Mozart me pirra. Me encanta que toques el piano y disfrutes aprendiendo y descubriendo cosas nuevas. Es un auténtico placer tenerte en clase. El otro día me decías que lo que más te gustaba eran las mates y ya sé que siempre estás con números en la cabeza!!!Sigue siempre así,con tanta curiosidad. Yo también te mando un beso muy especial! Y a ver si otros pementeiros también visitan el blog y se animan a mandar un comentario.
Eliminar