¡Non paramos! Seguimos coas celebracións. Hoxe tocoulle o turno ao pementeiro Leo que xa ten 6 anos. Estaba emocionado e con moitas ganas de celebrar a súa festa e entregarlle as invitacións a todos os seus compis do cole.
O primeiro, como sempre, foi apagar as seis candeas que parece que estaban ben encendidas e non había maneira de apagalas. Leo tivo que poñer moita intención e forza para soplalas todas. ¡Mirade!
Despois de traballar tanto, chegou o momento de tomar as galletas que trouxo Leo. Eu probei unha (feito sorprendente dada a voracidade dos pementeiros que pensei que levaban un par de meses sen comer nadiña) e teño que dicir que estaban supermegadeliciosas.
E antes de rematar a xornada, Leo foi de visita ás outras aulas de infantil para compartir coas mestras uns bombóns moi apetitosos. ¡Grazas Leo por compartir estes chocolates connosco!
No hay comentarios:
Publicar un comentario