Xa estamos de volta no cole. Remataron as vacacións de Pascua e hai que volver á rutina aínda que hoxe tivemos un día bastante especial porque viñeron moi pouquiños pementeiros/as ao cole.Por iso estivemos todos xuntos, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos, e pasámolo requeteguachi.
De todos xeitos, aínda que houbo pouco público, tivemos unha sorpresiña para facer máis alegre e gratificante a volta ao cole: ¡un superlibro novo e un megapuzzle! ¡estamos encantados!
Despois de ver o libro estivemos na aula "A Sementeira" vendo un cachiño da peli de Kirikou.
A continuación coloreamos un mandala de primavera (aínda que hoxe parecía que estabamos no inverno) para elaborar un vistoso colgante que estreamos pola tarde. Rematado o mandala tivemos tempo de xogar e merendar todos xuntos na aula de psico. E ¡sorpresa!, a profe Ana chegou cun enooooorme ovo de Pascua para compartir con todos os chicos e chicas que hoxe viñeron ao cole.
¡Mirade que ben quedaron os colgantes de primavera!
E, finalmente, antes de marchar para a casa, aínda hubo tempo de comer uns ovos que puxo a galiña da aula do "Paseo do Espolón" que estivo moi poñedora na Pascua.
¡Ahhhh! e non quero esquecer que unha pementeira, Nora, trouxo unha interesante noticia sobre esas cámaras segredas que hai na tumba de Tutankhamon que nos teñen a todos en vilo. Mañán teremos que ler a noticia completa para descubrir o enig ma. ¡Parabéns, Nora, por non deixar de investigar nin nas vacacións!¡Xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario