UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 19 de marzo de 2016

¡CHEGOU A PASCUA!

¡Qué día tan emocionante! Hoxe os pementeiros estiveron moi inquedos toda a mañán porque estaban esperando unha visita moi importante: a visita do coelliño de Pascua cargado de ovos de chocolate. Durante toda  a mañán escoitaron ruídos, viron orelliñas escondidas por todas as partes, notaban movementos misteriosos pero o caso era que non atopábamos oviños por ningunha parte. Pasou toda a mañán sen que ocurrira algo diferente ao resto dos días. 
Pola tarde fomos todos xuntos (cos nenos e nenas de 3 e 4 anos) a ver unha peli á biblioteca despois de deixar preparadas as nosas bolsas na aula.






Na biblioteca, tamén lles pareceu escoitar ruídos e  xa se puxeron outra vez nerviosos e tiveron que ir mirar se vía ao coelliño de Pascua. ¡Que axetreo!






Ao final, cando xa perdéramos as esperanzas, baixamos para as aulas e... ¡menuda sorpresa! ¡O coelliño de Pascua aproveitou que estabamos arriba vendo a peli para deixarnos os oviños de chocolate polo corredor de infantil e a aula de psico!






 
 

 











 
E os pementeiros tiveron que comprobar se o coelliño deixara algo máis na aula. ¡Parece que non eran suficientes os ovos que colleran! 





E logo tocou pechar os ollos porque aínda había unha última sorpresa. ¿Que será, será?






























 




E, por último, só faltaba coller as nosas bolsas  e levalas para casa. Espero que todas as familias disfrutedes con todos os traballos e teñades unhas fantásticas vacacións de Pascua.























Un último baile e ¡ata a volta!

































No hay comentarios:

Publicar un comentario