UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 18 de marzo de 2016

PORTADAS HOLANDESAS E PERSPECTIVA


Onte e hoxe estivemos preparando as portadas dos nosos traballos do segundo trimestre. Como está a piques de chegar a primavera, pareceume boa idea pintar unha paisaxe chea de flores. E un lugar onde as flores se mostran en todo o seu esplendor é, sen dúbida, Holanda que ten unhas plantacións de tulipáns que nos deixan sen alento pola viveza das súas cores. A proveitando que o tema do día ía ser este pais do norte de Europa, pensei que sería unha boa idea ler un conto sobre o pintor holandés máis coñecido de todos os tempos: o xenial Vincent Van Gogh.





 Este é Van Gogh e na Pementeira xa coñecemos algunhas das súas obras como "A noite estrelada", "A habitación", "Os xirasoles", "Ramas de amendoeira en flor".


                                         
       

 E, despois de ler esta historia tan interesante, estivemos investigando sobre a perspectiva e aprendemos que podemos facer debuxos empregando algúns trucos para dar a sensación de profundidade e de que algunhas cousas están lonxe. Un deses trucos é facer que as liñas conflúan todas nun punto situado na liña do horizonte. Se vos fixades nestas fotografías das plantacións de tulipáns en Holande poderedes ver claramente o que quero dicir. Nós estivemos hoxe vendo imaxes deste tipo e comprobando que, efectivamente, as ringleiras de tulipáns parece que se van estreitando e xuntándose no horizonte. Todos os pementeiros comprenderon a idea.
                                      




  

Así que, con estes profundos coñecementos de perspectiva e profundidade pictórica, non vos ten que extrañar que as nosas portadas quedaran espectaculares. Primeiros quero compartir convosco o proceso de traballo e, finalmente, poderedes comprobar o resultado final e o asombroso parecido coas fotografías reais.


















































4 comentarios:

  1. Que boa clase de pintura, e que ben pillaron o da perspectiva, fixeron unhas obras de arte impresionantes!!!
    Disfrutamos moito de ese momento no que chega a casa coa sua bolsa, y se pon a explicarnos como fíxo todos, e cada un dos seus traballos con tanta ilusión...
    Grazas profe!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hoxe estaban nerviosísimos. Entre que escoitaban ruídos e vían orelliñas de coello por todos os lados esperando ansiosos unha visita, e que tocaba levar as bolsas para a casa, foi un día de moita emoción. Alégrame que lles guste levar os seus traballos e que volos ensinen con orgullo e satisfacción. E Nora merece que a felicitedes e lle valoredes todo o que fixo. Grazas Pili por visitar o blog e deixar o teu comentario. ¡Disfrutade das vacacións!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar