O pasado venres tivemos ocasión de disfrutar dunha nova sesión de ioga. A verdade é que está costando un pouquiño que os pementeiros e pementeiras respecten as normas da aula e tivemos varios días nos que "perdemos" moito tempo repetindo que non debemos falar todos á vez, que non se berra na aula, que non se empuxa aos demáis, que temos que intentar facer as tarefas en silencio (porque con tanto fala-fala hai moitos despistes e os traballos non saen ben)... En fin, que despois non hai tempo para certas cousas. Pero o venres tivemos un bo día así que xogamos a "Who took the cookie from the cookie jar?" que non gusta moito, moito ( a ver se vos poño un vídeo pronto) e fixemos ioga.
E, para finalizar ¡a batidora!
No hay comentarios:
Publicar un comentario