Os Mossi son un grupo de población de Burkina Fasso que vive nas beiras do río Volta. Falan unha lingua que se chama coma eles, Mossi. E elaboran uns sombreiros moi peculiares.
Como nós temos un destes sombreiros na aula, pensamos que sería boa idea que o encargado o empregara para pasar lista. E xa tivemos dous xefes Mossi na Pementeira.
Seguiremos informando sobre os próximos xefes Mossi.
E hoxe aínda recibimos máis cousas para o noso recuncho africano. Zinthia trouxo unhas fotografías de África e Iago unha xirafa e un león.
Tamén tivemos tempo de ler os libros de África que temos no recuncho.
No hay comentarios:
Publicar un comentario