Hoxe comezamos a presentar os distintos instrumentos africanos que temos na "Pementeira". Todos tiñan moito interese por tocar e presentarvos o balafón. Os pementeiros e pementeiras, un a un, tiveron a oportunidade de tocar este instrumeno e fixérono con ganas, ilusión e concentración...
Mencía foi a encargada de presentar este instrumento a todos os visitantes do blog:
Anxo trouxo hoxe unhas fotografías de África que nos mostrou moi orgulloso...
... e Noa foi a xefa Mossi de hoxe.
Onte algunhas nenas estiveron modelando animais africanos con plasti:
un leopardo,
un rinoceronte,
e unha cebra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario