O recuncho africano da Pementeira está medrando sin parar. Temos xa un montón de cousas: instrumentos musicais, roupa, libros, figuras e máscaras de madeira, xoias, un sombreiro Mossi, animaliños da sabana, pinturas, debuxos,.. O caso é que teño que reorganizar o espazo para colocar todo mellor e, mesmo, amplialo. A min encántame este tema de investigación e tamén estou aportando algunhas cousiñas que, penso, que lle poden gustar moito aos pementeir@s. Pero iso terano que dicir eles claro.
Mirade as últimas cousas que chegaron:
Mariña e Sara trouxeron un libro de Exipto cada unha. Sara tamén traía un libriño pequeniño do Rey León.
Ana e Noa trouxeron animaliños. Ana, un elefante e unha cebra de plásticos e Noa, unha xirafa feita de tea, que viaxou desde Costa de Marfil ata Padrón.
Alba tamén chegou moi feliz e orgullosa cunha figura de madeira dunha muller africana co seu cántaro para ir recoller auga, e dous contos africanos. ¡Canto imos ter que ler! ¡Yupiiii!
Pero penso que o éxito de hoxe foi para Leo que trouxo un prato típico de Sudáfrica: un doce chamado Koeksister. Este postre ten a súa orixe en Holanda e os holandeses levárono a Sudáfrica. Leo explicounos que se fan con azucre moreno, fariña, canela moída e un ovo.
Podemos dar fe de que estaban deliciosas estas Koeksisters. Eu comería as catro pero hai quecompartir e creo que aos pementeir@s lles gustaron tanto como a min porque non quedou nin unha miguiña no prato. ¡Parabéns para os cociñeiros!
E despois de comer, adicámoslle un forte aplauso a Leo por compartir connosco as Koeksisters sudafricanas.
Finalmente, aquí vos deixo unhas fotos do noso recuncho africano ata o momento. ¡Mirade cantas cousas temos para achegarnos de xeito moi directo a África! Grazas a todas as familias polas vsas aportacións.
Que maravilla que lles gustasen a tod@s os pementeiros,Leo chegou moi moi contento porque me dicía que todos comeron e lles gustaban jajaja tivemos as nosas dudas de si as facíamos ben pero demos conta delas na casa e estaban boas jajaja moitas gracias por deixarnos participar ós pais dalgunha forma no proxecto,seguro que algo interesante e divertido se nos seguirá ocorrendo con Africa.Grazas
ResponderEliminarFoi un auténtico pracer comer as koeksisters!!!! Pareceume unha idea xenial esa aportación porque non é fácil ter a posibilidade de probar comida africana. Escribiremos a receita para que todas as familias que queiran as proben. Graciñas a vos. É xenial ver como se van animando as familias a participar!
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar