Por fin empezamos a organizar o noso recuncho africano. ¡Que ganas tiña! Hoxe colocamos as cousas que foron traendo xa algúns nenos/as da Pementeira e a cousa vai tomando forma.
Candela trouxo unha xirafa.
Leo trouxo un fantástico mapa de África feito por el mesmo (cun pouquiño de axuda de papi claro, que tamén é necesario de vez en cando) no que colocou algunhas das cousas das que estivemos falando estes días no cole: o Río Nilo, as Pirámides de Giza, as columnas de Hércules, un oasis no deserto do Sáhara, o Kilimanjaro e un baobab en Madagascar. ¡Precioso traballo!
Hoxe tamén completamos un pouco máis o Panel das Tres Preguntas.
E como Kirikú está causando furor na Pementeira, estivemos vendo un pouco da peli. As caras de concentración e de emocións contidas dos nenos e nenas son dignas de ver. Dame pena que non podades ver algúns brincos que pegaron nos momentos de máxima tensión. Aínda que algunhas mamás e papás ao mellor vístedes algo porque, certos pementeros/as xa me contaron que estiveron vendo a peli enteira na casa onte pola tarde.
Estupendas aportacións para o recuncho chic@s!!. O mapa de Leo é espectacular!!
ResponderEliminar