Hoxe pola mañán tivemos sorpresa na Pementeira. Cando estabamos empezando a ler o conto do día, chegou a profe Ana Losada cunha sorpresa: ¡un agasallo para os participantes no concurso de relatos terroríficos e imaxes monstruosas!
¡Parabéns chicos e chicas! Noraboa por participar e...
¡mañán averiguaremos se algún de vos gañou o concurso!
Pero o máis importante xa está acadado. O que nunca intenta nada, está claro que tampouco consigue nada. Polo tanto, é moi importante animarse a facer cousas, ter ideas, esforzarse e poñer moito interese, atención e coidado no que estamos a facer. Así, nalgún momento chegará algún premio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario