UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 14 de octubre de 2015

IMPROVISANDO COAS MÁSCARAS



Onte recibimos cousas novas para o recuncho africano. Inés trouxo unha presentación con varias fotos de cando o seu avó fixo a mili en Sidi Ifni, alá polos anos 60 do século XX. Explicounos o que se vía en cada foto.

Sara trouxo unha xirafa de peluche, un tambor den-den e un mini-conto dun león.

Noa trouxo un libro moi interesante que explica onde e como  viven os diferentes animais que podemos atopar polo continente africano.

Roi trouxo uns animais de plástico cunha "lámina" cunha paisaxe na que os podemos colocar n lugar que máis nos guste.

Samuel trouxo un debuxo feito por el mesmo con tres baobas e varios animais.

E hoxe aínda recibimos máis cousas. Sara trouxo unha máscara de león e un papel que imita a pel do leopardo. Noa trouxo un conto de Kirikou que tivemos que ler xa, sin perder máis tempo (porque os pementeir@s están entusiasmad@s con este rapaciño tan pequeno, valente, inquedo e intelixente)
 
Tamén seguimos tendo novos xefes e xefas Mossi. Onte tocoulle a Leire e hoxe a Alonso.





E, finalmente, o máis divertido do día foi unha improvisación que fixeron algúns pementeiros/as coas máscaras de animais africanos que temos na aula. Felicito a estes nenos e nenas que se animaron a facer un pouquiño de teatro sen guión previo e que disfrutaron coa experiencia. Espero que o repitamos máis veces.





5 comentarios:

  1. Chic@s sodes uns actores estupendos, que ben se vos da esto do teatro, estou desexando ver o voso seguinte video, moi ben pementeir@s seguide asi...
    Gracias a profe por compartilo con nos, que sorte temos!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Encántame que teñan ganas de participar e que disfruten e se rían e perdan os medos. E cando vós disfrutades, eles aínda o pasan mellor e teñen ganas de facer máis cousas para que os felicitedes. Así que eu sigo intentando propoñer cousiñas e se vos me axudades a darlle valor a estes intentos, ás aprendizaxes que fan, e ás experiencias da escola, estou segura de que avanzarán máis. ¡Grazas por visitar o blog e deixar os comentarios!

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Ines esta muy orgullosa de su presentación, pero más orgulloso esta su abuelo.
    Me parece una forma muy muy buena de motivar a los niños. Ines no para de contarnos cosas de África.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrame comprobar que falan na casa e recordan información e que queren compartir as cousas que aprenden convosco. A min anímame pensar que imos conseguindo algo no cole, sei que os proxectos nos permiten descubrir moitísimas cousas e cando as familias facedes as vosas aportacións... iso, para os peques é xenial. Teño ganas de grabar as explicacións que nos dou sobre Sidi Ifni (porque ese día olvidei a tarxeta da cámara e no móvil teño a memoria chea) pero espero que se anime a contarnos de novo todo. Grazas por visitar o blog e deixar o comentario!!! E unha aperta ao avó polo seu traballo tamén!!!!

      Eliminar