UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 1 de octubre de 2015

EXPERIMENTANDO COAS CORES

Esta semana estivemos falando no cole das cores primarias e secundarias. Para comprobar cómo podemos obter cores secundarias mesturando as primarias fixemos un sinxelo experimento. se mirades as fotos comprenderedes en que consitiu dito experimento que tivo aos pementeir@s en tensión (esperando os resultados) durante dous días.

Paso nº1. As cores primarias son o verde o amarelo e o azul. En primeiro lugar puxemos tres vasiños con auga. Nun deles botamos pintura amarela e noutro pintura vermella.







Paso nº 2. Con papel absorbente enroscado comunicamos os dous vasos coas cores co vaso central con auga limpa.

Paso nº3. As tiras de papel comenzan a absorber o líquido amarelo e o vermello. Pouco a pouco (moi pouco a pouco) o papel empeza a tinguirse de amarelo por un lado e de vermello polo outro.

Paso nº 4. Ter paciencia. Como empezamos o experimento un pouco tarde,  os nenos e nenas decidiron que tiñan que darlle ánimos para que o papel absorbera rapidamente as cores...


...tivemos que marchar antes de ver o que ocurría (a pesar dos intentos e a enerxía transmitida para que pasara algo xa). Alí quedou toda a tarde e toda a noite ata que os pementeir@s chegaron hoxe pola mañán...

Paso nº 5. Comprobar o sucedido. Os pementeir@s entraron a toda velocidade para ver que pasaba coa auga do vaso do centro, e a emoción foi total!

¡A auga do vaso do centro agora é laranxa!

E hoxe repetimos o experimento mesurando de novo dúas cores primarias: o amarelo e o azul. Tivemos máis sorte porque cando volvemos ao cole despois de comer, xa comprobamos o que sucedera. ¡Mirade!












E agora so falta facer o terceiro experimento coas dúas cores primarias que aínda non mesturamos. A ver se mañán temos tempo porque vai ser un dia bastante interesante tamén. Xa vos contaremos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario