UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 2 de octubre de 2015

UNHA VISITA INTERESANTE

Hoxe visitou a Pementeira unha periodista que coñece moitos países de África. Chámase Ana e é prima de Mariña, a nosa "pementeira", e madriña de Lía, unha das pequenas sementeiras de 3 aniños que acaban de comenzar o cole. Ana veu acompañada da tía de Mariña, a irmá da súa mamá, que lle axudou a mostrarnos todas as cousas que nos trouxeron. 
Como estamos facendo un proxecto sobre África,tivemos a sorte de que Ana se ofreceu a contarnos moitas cousas que ela coñece, porque traballou en varios países dese continente como Zambia,Senegal, Camerún, Tanzania  ou Mozambique.

Aquí están todos os pementeir@s coas dúas protagonistas do día (que causaron furor e deixaron aos nenos e nenas emocionados).

Ana fixo unha presentación na que mostrou moitas curiosidades sobre África e mostrounos varios obxectos: pulseiras, cartos, máscaras, unha fermosa tela con impalas, un vestido, un cadro feito con area, unha korá...


























Todos os nenos e nenas tiñan moitas ganas de tocalo todo (en certos momentos, tiven dúbidas sobre a integridade de certos obxectos, especialmente os billetes, teño que dicilo), e tamén falaron moito (e mesmo berraron un pouquiño), pero penso que, no fondo, lles gustou escoiar as historias de Ana e ver todo o que traía e que esa emoción fixo que estiveran un pouco inquedos. Teño que agradecerlles ás nosas invitadas a súa paciencia, tranquilidade e colaboración. Foi unha visita estupenda e eu teño esperanzas de que poidamos repetir a experiencia (un pouco máis organizada) noutra ocasión.
Agora temos máis cousiñas no noso recuncho.....


 ...as que nos prestou Ana...
... e as que chegaron esta mañán á Pementeira.




¡¡¡¡¡¡Cantas cousas estamos aprendendo e cantas nos quedan aínda por aprender!!!!!!
africa-imagen-animada-0036

2 comentarios:

  1. Encántame ese recuncho!! en canto teña un ratiño achégome ata a Pementeira para que me contedes todo o que tedes sobre África!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Estás invitada! Espero que os pementeirs/as teñan moitas cousas que contar sobre os diferentes obxectos que temos!

      Eliminar