Xa sei que en Padrón aínda non hai metro e que nos desplazamos en bus ou no coche. Pero na Pementeira, este venres pasado si que houbo moito metro, pero do de medir, ese metro que ten 100 centímetros e 1000 milímetros.
Primeiro estivemos representando no chan a medida do pescozo dunha xirafa, que pode chegar ata os tres metros:
Marcamos con tiza os 3 metros no chan e comprobamos que, prácticamente, corresponde coa altura de tres pementeiros. ¡Imaxinade o longo que é o pescozo da xirafa, como Sara, Mariña e Mencía unha enriba da outra!
Despois debuxamos a xirafa e estivemos comprobando que o seu pescozo impresiona, e que si a poideramos poñer de pé, teríamos que facer un burato no teito e a cabeza sairía na aula que está xusto enriba da nosa. ¡Menuda sorpresa que levarían os nenos e nenas de primaria!
Pero as xirafas, ademáis do pescozo, tamén teñen unha lingua moi longa.
Por iso poden limpiar s súas propias orellas con ela.
Os pementeiros/as intentaron facer o mesmo, pero non o conseguiu ninguén.
Máis tarde saímos ao patio para medir os 10 metros que pode chegar a ter o diámetro do tronco dun baobab. Isto xa foi máis complicado. Primeiro fomos marcando con paíños cada metro que íamos medindo e resulta que no areeiro non poidemos marcar os 10 metros, porque so cabían 9m. ao ancho. A continuación medimos outros 9 metros ao longo do areeiro. Todo isto foi posible grazas a Nora que foi a miña axudante neste proceso tan técnico. E finalmente trazamos unha "circunferencia" (un pouco deforme todo hai que decilo) para comprobar o tamaño do tronco do baobab. Intentamos abarcalo facendo una roda pero foi imposible. O baobab ocuparía prácticamente a totalidade do areeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario