A semana fixemos a presentación doutros dous instrumentos africanos que temos no noso recuncho. Nesta ocasión foron Iago, Lucía e Antía os encargados de presentalos no vídeo.
Pero antes, todos os pementeiros e pementeiras tiveron ocasión de tocar estes dous instrumentos de percusión:
CAXIXI
KALIMBA
E agora, aquí vos deixo a presentación de Iago, Lucía e Antía. E teño que felicitalos porque o fixeron á primeira sen ter que repetir nadiña.
Disfrutamos moito tocando os instrumentos africanos. O sonido das caxixi é moi alegre e como non pesan nada (porque están feitas de palla trenzada) son moi fáciles de tocar. A Kalimba foi máis complicada porque as "teclas" que hai que presionar cos dedos son de metal, están duras e había que facer forza; aó final ata nos doían os dedos.
Agora teremos que organizar unha orquesta africana.
Que sorpresa acabo de levar!!!!!! Temos unha KALIMBA na casa e eu non sabía qué era. Non recordo quen lla dera a Rita (creo que porque lle estorbaba na casa) e agora descubro como se chama e de donde é.
ResponderEliminarGracias Teté. Sigo aprendendo.
Jajaja, a ver se non prestastes atención cando vos tocou a vos o proxecto de África. Pero vexo que sigues interesada nestas cousas e iso, para as profes de infantil, é unha auténtica satisfacción. Grazas por visitarnos e deixar os teus comentarios sempre cheos de positivismo!
EliminarLevan o ritmo no corpo estes pementeiros. E que formalidade na presentación. Paravens OS presentadores e a profesor.
ResponderEliminarSi, si. É que cando falan diante da cámara póñense serios e responsables cmo poucas veces os vexo. E cada vez parece que saen máis voluntarios e temos que repetir menos as tomas. A ver se sae deaquí algún músico, actor, presentador, locutor ou artista así en xeral. Grazas por visitarnos e deixar un comentario.
Eliminar