UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 5 de noviembre de 2015

INSTRUMENTOS MUSICAIS AFRICANOS: TBILA E TAMBOR DEN-DEN

Aínda seguen chegando cousas para o noso recuncho africano:
Lucía trouxo un bonito debuxo de Kirikou,no que aparece a súa mamá e tamén unha xirafa e Noa trouxo un puzle dun león, un debuxo e un cd coas cancións do musical "O rei León" que tico a sorte de poder disfrutar en Madrid.

Iker trouxo unha fermosa máscara africana... e Mencía e Sara trouxeron debuxos con temáticas africanas.



Os últimos xefes Mossi da semana foron Chiño e Iago.






E agora chega o máis interesante: a presentación de dous novos instrumentos africanos.
O primeiro foi o TBILA. É un instrumento de percusión membranófono típico de Marruecos. Todos os pementeiros e pementeiras tiveron a oportunidade de tocalo e algúns fixérono con moito ritmo.
























O segundo instrumento que disfrutamos hoxe foi o TAMBOR DEN-DEN. En realidade é un tambor de orixe xaponés pero que, tamén, se emprega en África. É como un xoguete que se utiliza con frecuencia para entreter aos bebés.











E, para finalizar, aquí vos deixo a presentación destes dous instrumentos feita por Mariña, Yago e Noa que o fixeron moi ben.



Só me queda contarvos que estivemos vendo unha curtametraxe fermosísima que que chama "Malaika la princesa" que conta a historia dunha nena africana que perde a seu pai, o elefante Komba. Malaika aprende moitas cousas, sobre todo que a memoria é algo fundamental para a supervivencia. Se algún pementeiro/a quere ver de novo esta historia, o enlace aparece na columna da dereita deste blog no apartado "Enlaces africanizantes"





2 comentarios:

  1. jajaja menuda presentación tan instrumental!!! os presentadores explicaron todo moi clariño... aínda que eu sei dalgunha pementeira que estaba moi, moi nerviosa diante da cámara jejejeje

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É certo! A cámara impón bastante, pero o importante é que se animen a facelo, e que lle vaian perdendo o medo a falar en público, a facer exposicións orais... e, mesmo, quitándolle ferro ao feito de equivocarse e ter que repetir algo. Despois encántalles verse a si mesmos e aos compañeiros!

      Eliminar