Parece que os pementeir@s están empezando a collerlle o gusto a isto de investigar e superar retos. Hoxe chegaron moi contentos 8 investigadores coa resposta correcta ao enigma que plantexei onte:
¿Que hai en Madrid que veu directamente de Exipto e se atopa na rúa non nun museo?
Pois ben, 8 intrépidos pementeiros (en realidade foron 9 pero un esqueceu a resposta na casa, aínda que a recordaba perfectamente) descubriron que eu estaba a falar do Templo de Debod que chegou a España no ano 1968. Todos sabían que dito templo ía desaparecer baixo as augas do Nilo a causa da construcción da presa de Assuán (igual que o templo de Philae).
O templo foi un regalo do goberno exipcio en agradecemento á axuda recibida cando a Unesco realizou un chamamento para salvar os templos ameazados polas augas.
E aquí están os orgullosos gañadores do reto (aínda que algún non quería que lle sacase a foto, non sei por que motivo)
Gracias a o reto que Nora nos plantexa cada dia na casa, non só aprende ela... jajajaja... nós tamen... Espero que se animen cada vez mais pementeir@s a participar. Gracias Teté.
ResponderEliminarGrazas Pili, gustaríame pensar que todos aprendemos un pouquiño cada día. Os proxectos fan posible que descubramos cousas novas case a diario (eu mesma aprendo con cada proxecto) e quixera que os meus alumnos/as tiveran ese gusto por aprender. De verdade, é o que máis me gusta da miña profesión, despertar a súa curiosidade. Cando vós me axudades é máis fácl logralo, por iso agradezo moito a labor das familias que dedican un pouquiño de tempo a estas pequenas investigacións. GRAZAS!!!
Eliminar